lunes, 21 de abril de 2014

Música galega

Lectores, esta entrada vai sobre a música galega, dos grupos que estiven escoitando para facer mellor esta entrada os que mais me gostaron foron Delahoja, xa os coñecía, como a casi todos os grupos de esta entrada, pero á maioría nunca me parara a escoitar as súas cancións e, agora que o fixen, son bastante boas. Bueno, déixovos cos grupos:

                                          
Esta canción non é das miñas favoritas do grupo pero nela fai unha reflexión sobre a importancia do galego, de feito, a canción está basada nun poema de Celso Emilio Ferreiro. Páxina web


Unha versión galega de Sweet Home Alabama, normalmente as versións doutras cancións son pésimas. Esta boísima non é, pero gustoume. Entrevista ó vocalista


Delahoja é un grupo de rap pontevedrés, son bastante novos pero están ben. Páxina web


E agora un pouco de pop, Luz Casal é tal vez a máis famosa desta lista, e nesta canción fai un homenaxe ó poema de Rosalía de Castro co mesmo nome. Entrevista a Luz Casal

Deporte en Galiza

Seguindo o tema da cultura ocurríuseme facer unha entrada sobre algún deportista, nun principio pensei en Gómez Noya pero logo penséi que xa ía estar moi visto, de modo que aquí vos traio a miña entrada sobre Teresa Portela.



Teresa Portela Rivas é unha moza de 31 anos, naceu en Cangas e é unha importante piragüista a nivel internacional.
Foi escollida o ano pasado como mellor deportista galega feminina.
Conseguiu o ouro en dúas ocasións en campeonatos internacionais, e sete veces en nacionais.
A súa mellor posición a logrou nos Xogos Olímpicos (nos que participou catro veces) no ano 2012, quedando en cuarto lugar.

Todo o que a coñece destaca a súa capacidade de superación e a súa regularidade no deporte. Incluso a súa decisión de participar nos Xogos Olímpicos de Río.

Aquí vos deixo unha das súas carreiras para que a coñezades vos mesmos:


domingo, 20 de abril de 2014

Francisco Leiro


"La escultura es la congelación de algo supuestamente real, una visión, un momento en el que comenzacos ese juego con el equilibrio de lo estático, con su volatilidad. A mi me gusta llevar mis esculturas al límite de ese equilibrio para que desprendan cierta sensación de desmayo"

Este home é Francisco Leiro, un escultor de gran importancia internacional que naceu en Cambados.

É escultor e pintor, e iniciou a súa carreira de modo autodidacta, pero máis adiante entrou en escolas e academias en cidades como Santiago e Madrid.
Realizou exposicións e encargos públicos tanto dentro de España como fora, e aínda que non hai demasiada información sobre el, sobre quen é, é un artista moi valorado, traballa actualmente na Galería Malbourough en N.Y, o que si é máis doado de atopar sobre el son as súas obras, numerosísimas e algunhas delas moi famosas, aquí vos deixo algunhas:










miércoles, 5 de marzo de 2014

Celestino Puentes

Meu avó Celestino é un exemplo de boa sorte, o seu pai librouse de combatir na Guerra Civil por ser moi vello, e el librouse por ser moi xóven; Aquí o tedes:



Pertencía a unha familia bastante humilde de modo que dende pequeno dedicouse a axudar na casa co gando e a horta ata que ós 14 anos empezou a facer o que lle gustaba e fíxose músico, tocaba o saxofón nunha orquestra e hoxe ós seus 91 anos segue tocando.

Do que máis me falou cando lle preguntei para este traballo foi das festas nas que actuaba a súa orquestra, que a veces quedábanse tocando ata o día seguinte. Os guardias civís nesa época (a ditadura) moitas veces lles obligaban a cerrar a festa ás 12 da noite ou á 1 da mañá e sempre lles mandaban acabar co himno de España, o que facían eles moitas veces era sobornar ós guardias para que fixeran a vista gorda e quedar ata máis tarde.

Coñeceu á miña avoa, Carolina, dende nenos porque sempre foron veciños nas Pontes. Ó casar, ambos mudáronse a Ferrol e tiveron tres fillos: Isabel, Carolina e Celestino (o meu pai). Compraron un local, no cal fundaron un restaurante "El Castaño" que aínda segue aberto.


A familia Prados

Esta é a miña familia materna, comezando pola miá nai, neste caso todos proceden de Cervás, excepto a miña nai que xa naceu en Mugardos:

A familia Puentes

Esta é a miña familia paterna, excepto o meu pai ,que xa naceu en Ferrol, todos os demáis proveñen de As Pontes:


martes, 4 de marzo de 2014

Recordos do meu avó



Esa foto vese fatal, pero é o meu avó materno, Sindo Prados Carnero. Mandoulle a foto á miña avoa cando eran noivos e el estaba en Cartaxena, facendo a mili; a encontrei de milagro.

Morreu antes de que eu nacera así que non vos vou poder contar moito pero intentaréi expoñer aquí o pouco que sei del.

Sindo naceu en Cervás, Ares, e era mecánico naval maestro en Bazán. Só tiña un ano cando o seu pai morreu, en Castellón dun disparo ó poñerse en medio entre a bala e o seu mellor amigo, polo que criouse solo coa súa mai e o seu irmán. Da súa infancia pouco sei, criouse cos seus avós e dedicábase ós cultivos e coidar o gando, ata que empezou a traballar ós 14 anos.

Todos ós que lles preguntei sobre el faláronme do seu carácter, sempre de bo humor, gastándo bromas ou de festa. De feito, cando acabou o servizo militar, el e un amigo acabaron tan mal que os tiveron que levar a casa nun carro de vacas.
Coñeceu a miña avoa na tenda na que ela traballaba, e fixéronse noivos nun baile en Mugardos, cando casaron fóronse a vivir alí.
Tiveron á miña nai ó ano seguinte.

E xa pouco máis pódovos contar, cando tiña 54 anos morreu dun infarto, esta foto é do ano no que el morreu: