martes, 20 de mayo de 2014

Benvido ó mundo do mañá IV

No 2040 máis do 40% de poboación teñen máis de 65 anos.
A poboación está moi envellecida, cando camiñas pola rúa só ves anciáns, e isto era de esperar se miramos algúns datos da época do 2014:


E non so non nace xente, senón que a xente nova emigrou en busca de novas oportunidades fora de Galicia. A inmigración é case nula, aínda que rexuvenece Galicia.

España é no 2040 un dos paises máis envellecidos de Europa, e Galicia das comunidades máis envellecidas de España.


Benvido ó mundo do mañá III

Tras bastantes intentos, finalmente Ferrol foi nomeada como patrimonio da humanidade no ano 2023, isto provocou que o turismo crecera en Galicia.

Ó crecer o turismo, creceu tamén a edificación, as excavacións mineiras en búsqueda de recursos, a explotación forestal... O que antes era isto:


Pronto convertiuse nisto outro:                                                                                                                     



Ó eliminar os bosques o turimo reduciuse, isto menguou a economía, o cal paralizou a meirande parte das obras, favorecendo o feísmo, e co feísmo o turismo descendeu todavía máis empeorando a economía e volta a empezar. 
En resumo, estamos coma antes pero máis feos.

Benvido ó mundo do mañá II

O outro día mirei mal unha foto do rei e fun detido, e a verdade é que as cárceres de antes daban moito máis medo que as de 2040.

E isto é asi, saen as persoas que asesinan e entran as persoas que twittean, ou insultan a políticos ou membros da familia real.


(Nótese a ironía coa que foi redactado ese artigo)

Lentamente a represión e a supresión de dereitos individuales e de expresión verase incrementada, as manifestacións lentamente tamén cesarán, ata a década do 2030, cando estalaron violentamente nunha revolución social, que aínda que conseguirá certas concesións, os aspectos máis importantes aínda mantéranse.

En xeral, as liberdades de expresión en comparación coa vosa época son casi nulas, polo que eu recomendo que aproveitedes agora que aínda tedes voz, e non vos deixedes enganar por leis ou argumentos que intentan respaldar este tipo de censura.

Benvido ó mundo do mañá

Ola. chámome Sergio e vivo no 2040, trouxen estas entradas ó 2014 para cambiar o meu presente, impedir que Manolo me deixe para setembro e entrar así na carreira que tiña pensado ós 18 anos, evitando así a vida que levo. Que como se vive no 2040? É bastante parecido ó 2014, non hai coches voadores nen aliens, pero houbo algúns cambios:

Hoxe, 21 de Xuño de 2040 levanteime temprano para traballar.
Nos traballos houbo bastantes cambios agora que lembro, os empregos públicos desaparecerán a iso de 2029, e entrar no sector privado é realmente difícil, xa que, unha vez rematadas as prácticas, os empresarios bótante para non ter que pagarte. O truco para ser un dos de arriba é... ser un dos de arriba.

Eu traballo como timador, ladrón ou ás veces ambos, non é o mellor traballo pero dame de comer.
As miñas víctimas preferidas son, con diferenza, os turistas, o cambio climático tivo consecuencias terribles, pero subiu as temperaturas de Galiza, subindo así o seu número de turistas.

Unha vez consigo o que quero o gardo na miña caravana, as propiedades materiais convén escondelas un tempo antes de vendelas. Se me meten na cárcere encontrareime con metade da miña xeración, encarcelados por twittear.

Os meus veciños e máis eu educamos ós nenos do parque de caravanas nos mesmos, non nos fiamos da educación destos tempos; A educación, como a mediciña, deixou de ser un servizo público, polo que se queres que os teus fillos vaian á escola, ésta terá que ser unha privada, escolas privadas das que a maioría pertencen a órdes relixiosas.

Aquí todos falamos galego, lonxe de desaparecer, o galego gañou moita forza nestes últimos anos, xa que tras sucesivos anos de goberno intransixente, os galegos comezamos a encontrar na nosa lingua un símbolo de rebeldía política.

E isos son todos os cambios que se me ocurren, supoño, no resto de entradas contareivos cómo se vive no 2040 con máis detalles.

lunes, 21 de abril de 2014

Cineasta vigués

Esta última entrada sobre a cultura galega vai sobre Juan Pinzás, un cineasta nacido en Vigo.
Juan Pinzás é guionista, productor e director, ó único español adscrito ó Dogma 95.

Comezou á súa carreira a mediados dos anos 70 con diversos cortometraxes como por exemplo Mónica, e dende entón foise facendo un nome na industria do cine español.

A súa obra máis importante é New York Shadows, largometraxe polo cal foi nominado ós premios Goya.
Esta é a listaxe dos seus cortometraxes e largometraxes:

Largometraxes
1985: La gran comedia.
1991: El juego de los mensajes invisibles.
1995: La leyenda de la doncella.
2000: Era outra vez.
2002: Días de boda.
2005: El desenlace.
2009: Las imágenes perdidas.
2013: New York Shadows.

Cortometraxes

En Super 8 (1977-1980)
Mónica
Aconteceu en Galicia
O derradeiro Fiana
Amanece en Vigo
Reflexión
Ensueños

En 35 mm
Opus I Homo Hominis (1981)
Virginal
Vestida de fiesta
Una historia gallega
El tubo de rayos catódicos
Cien puntos para Julián Pintos
La tercera mujer
Añoranzas
Juego decisivo
La esfera
Gula
Mujer, mujer
Carmín
Hechizo
El rito
Muñeca de azul
Cinefilia

Música galega

Lectores, esta entrada vai sobre a música galega, dos grupos que estiven escoitando para facer mellor esta entrada os que mais me gostaron foron Delahoja, xa os coñecía, como a casi todos os grupos de esta entrada, pero á maioría nunca me parara a escoitar as súas cancións e, agora que o fixen, son bastante boas. Bueno, déixovos cos grupos:

                                          
Esta canción non é das miñas favoritas do grupo pero nela fai unha reflexión sobre a importancia do galego, de feito, a canción está basada nun poema de Celso Emilio Ferreiro. Páxina web


Unha versión galega de Sweet Home Alabama, normalmente as versións doutras cancións son pésimas. Esta boísima non é, pero gustoume. Entrevista ó vocalista


Delahoja é un grupo de rap pontevedrés, son bastante novos pero están ben. Páxina web


E agora un pouco de pop, Luz Casal é tal vez a máis famosa desta lista, e nesta canción fai un homenaxe ó poema de Rosalía de Castro co mesmo nome. Entrevista a Luz Casal

Deporte en Galiza

Seguindo o tema da cultura ocurríuseme facer unha entrada sobre algún deportista, nun principio pensei en Gómez Noya pero logo penséi que xa ía estar moi visto, de modo que aquí vos traio a miña entrada sobre Teresa Portela.



Teresa Portela Rivas é unha moza de 31 anos, naceu en Cangas e é unha importante piragüista a nivel internacional.
Foi escollida o ano pasado como mellor deportista galega feminina.
Conseguiu o ouro en dúas ocasións en campeonatos internacionais, e sete veces en nacionais.
A súa mellor posición a logrou nos Xogos Olímpicos (nos que participou catro veces) no ano 2012, quedando en cuarto lugar.

Todo o que a coñece destaca a súa capacidade de superación e a súa regularidade no deporte. Incluso a súa decisión de participar nos Xogos Olímpicos de Río.

Aquí vos deixo unha das súas carreiras para que a coñezades vos mesmos: