miércoles, 27 de noviembre de 2013

O gatipedro

Bueno, toca a última entrada de hoxe, vouvos falar agora do gatipedro.
 O gatipedro é unha criatura moi similar a un gato, pero de maior tamaño, dun color moi branco que, ó camiñar, ademáis das patas apoiase tamén na súa lingua, o seu rasgo máis característico é o seu corno, dunha cor escura e situado no centro da súa frente.

O gatipedro adéntrase nos sonos dos nenos. Acércase a eles mentres durmen e comeza a pingar auga polo seu corno, de modo que os nenos oen a auga e soñan que mexan, cando si están mexando en realidade.
Cando o gatipedro fíxase nun neno non soe abandonalo ata que crece, de modo que a única forma de espantalo e verter sal gorda na porta e nas ventás, de modo que cando camina, apoiando a súa lingua, fuxe desagradado polo sabor.

A coroa de lume

A lenda da que vou falar hoxe data da época medieval, na cidade galega de Monforte.


Esta lenda está baseada nun pasadizo subterráneo existente na cidade que comunica o mosteiro de Monforte, medianeras o cal o abad dese mosteiro acedía á habitación da filla do Conde de Lemos e mantiña con ela un romance.
Cando o conde regresou e os descubriu deciciu vengarse. Invitou ó abad a unha cea, tras a cal unha das súas servintas trouxo unha coroa de ferro ardendo e con ela coroaron ó abad, que morreu no acto.

Esta lenda afunde as súas raíces nun feito real, o encontro dun esqueleto con marcas no cráneo, o pasadizo é real, aínda que hoxe sellouse. Os principais investigadores desta lenda foron Manuel Murguía e Otero Pedrayo, ademáis do Padre Sarmiento.



martes, 12 de noviembre de 2013

Chamorro

Hoxe vos traio unha entrada adicada a Chamorro e á orixe do seu nome.
Como sabemos Chamorro é un monte situado na parte máis alta da parroquia de Serantes, Ferrol, no alto do monte encóntrase unha ermita en honor á virxe do Chamorro.



Pero decidín investigar un pouco sobre esa virxe e o orixe do nome que lles da nome a ela e ó monte, e algo atopei:
Antigamente, Chamorro escribíase "Xamorro" debido a unha lenda que remóntase fai moito tempo:
A ermita de Chamorro existiu antes que o seu nome:


A esta ermita atribuíaselle poderes de curación, de modo que os enfermos acudían a ela para sanarse, e de iso naceu a tradicional peregrinación actual. Un montañeiro estaba moi enfermo, de modo que acudiu á ermita para que a Virxe o sanara. Tras unha longa peregrinación polo monte chegou á ermita e logrou atopar á virxe, pero o esgotamento e a enfermidade vencérono. As súas últimas palabras foron "Xa morro"

E de ahí o nome, que evolucionou ata chegar á súa forma actual Chamorro. Aínda que isto é so unha lenda, a tradición de ascender á ermita continúa hoxe en día, no mes de marzo, levando velas como ofrenda e comprando suvenires e rosquillas:

miércoles, 30 de octubre de 2013


Esta entrada vai dedicada ó meu fin de semana. Como sabía que o sábado pola tarde íbamo pasalo estudando ( o cal é bastante triste) decidín aproveitalo pola mañá e ir a correr en lugar de pasalo durmindo. Acompañado do único ser que quixo madrugar un sábado aparte de min.
Así estaba o ceo cando me levantei, ás oito.
Elexín o camiño do bosque hata a praia, unha hora e media mais ou menos se vas correndo.
Para chegar ó bosque hay que pasar unha zona que se chama A Manguela:


Como os días anteriores chovera cheeime os tenis de barro dos charcos:
Cando pasas o bosque chegas a unha aldea que se chama Cervás:
E unha vez atravesado, accedes a un bosque no que é casi imposible non perderse:



Se cruzas o bosque chegarás pronto a outro pobo chamado Chanteiro, no que está a praia, esta casa é unha pista de que vas ben:
Seguindo as indicacións chegaras enseguida á igrexa:
E moito máis cerca, por fin, a praia :

jueves, 17 de octubre de 2013

Comezamos

Ola, lectores. Chámome Sergio e hoxe inauguro este blog, nel vouvos intentar ensinar o que é Galicia para min, o que aprendín dela en 17 anos, os seus lugares e historias, o mellor e o peor dela, en resumo, o seu expediente. Así que invítovos a que lexades as entradas que publicaréi e opinedes se vos gustan. Aquí comezamos.