Do que máis me falou cando lle preguntei para este traballo foi das festas nas que actuaba a súa orquestra, que a veces quedábanse tocando ata o día seguinte. Os guardias civís nesa época (a ditadura) moitas veces lles obligaban a cerrar a festa ás 12 da noite ou á 1 da mañá e sempre lles mandaban acabar co himno de España, o que facían eles moitas veces era sobornar ós guardias para que fixeran a vista gorda e quedar ata máis tarde.
Coñeceu á miña avoa, Carolina, dende nenos porque sempre foron veciños nas Pontes. Ó casar, ambos mudáronse a Ferrol e tiveron tres fillos: Isabel, Carolina e Celestino (o meu pai). Compraron un local, no cal fundaron un restaurante "El Castaño" que aínda segue aberto.