Bueno, toca a última entrada de hoxe, vouvos falar agora do gatipedro.
O gatipedro é unha criatura moi similar a un gato, pero de maior tamaño, dun color moi branco que, ó camiñar, ademáis das patas apoiase tamén na súa lingua, o seu rasgo máis característico é o seu corno, dunha cor escura e situado no centro da súa frente.
O gatipedro adéntrase nos sonos dos nenos. Acércase a eles mentres durmen e comeza a pingar auga polo seu corno, de modo que os nenos oen a auga e soñan que mexan, cando si están mexando en realidade.
Cando o gatipedro fíxase nun neno non soe abandonalo ata que crece, de modo que a única forma de espantalo e verter sal gorda na porta e nas ventás, de modo que cando camina, apoiando a súa lingua, fuxe desagradado polo sabor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario