Hola lectores! Nas seguintes entradas que farei intentaréi ensinaros exemplos da rebeldía galega ante a historia para intentar rebatir o tópico da sumisión política dos galegos.
Nesta en concreto, vouvos falar dunha banda criminal que xorde en Ferrol, é unha banda de ladróns perfectamente organizada que se mantivo anos roubando, extorsionando e secuestrando ós nobles e clérigos de Ferrolterra, os Soupiñas.
Os Soupiñas naceron á principios de século XIX, chegaron a contar cuns 135 membros, unidos entre eles por un pacto de silencio e dirixidos por un rico comerciante chamado Manuel de la Cruz.
Esta banda nace a consecuencia da entrada dos 100.000 fillos de San Luis o que provocou unha situación de pobreza e miseria para os habitantes de Ferrol, ademáis, en 1925, Ferrol perdeu a categoría de capital departamental, que pasa a depender de Cadiz. Isto provoca un estado de miseria aínda maior, e, sumándolle a ineficacia do poder, a corrupcion xeralizada e a relaxacion da disciplina nas forzas armadas, a situacion de delincuencia descontrolada gañou forza.
Sen embargo, a banda foi detida polo comandante Zumalacárregui no ano 1832 atrapando a 40 membros e a Manuel de la Cruz e desmantelar a banda, sendo este enviado á prisión de Ceuta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario