martes, 4 de marzo de 2014

Recordos do meu avó



Esa foto vese fatal, pero é o meu avó materno, Sindo Prados Carnero. Mandoulle a foto á miña avoa cando eran noivos e el estaba en Cartaxena, facendo a mili; a encontrei de milagro.

Morreu antes de que eu nacera así que non vos vou poder contar moito pero intentaréi expoñer aquí o pouco que sei del.

Sindo naceu en Cervás, Ares, e era mecánico naval maestro en Bazán. Só tiña un ano cando o seu pai morreu, en Castellón dun disparo ó poñerse en medio entre a bala e o seu mellor amigo, polo que criouse solo coa súa mai e o seu irmán. Da súa infancia pouco sei, criouse cos seus avós e dedicábase ós cultivos e coidar o gando, ata que empezou a traballar ós 14 anos.

Todos ós que lles preguntei sobre el faláronme do seu carácter, sempre de bo humor, gastándo bromas ou de festa. De feito, cando acabou o servizo militar, el e un amigo acabaron tan mal que os tiveron que levar a casa nun carro de vacas.
Coñeceu a miña avoa na tenda na que ela traballaba, e fixéronse noivos nun baile en Mugardos, cando casaron fóronse a vivir alí.
Tiveron á miña nai ó ano seguinte.

E xa pouco máis pódovos contar, cando tiña 54 anos morreu dun infarto, esta foto é do ano no que el morreu:


No hay comentarios:

Publicar un comentario