Ola. chámome Sergio e vivo no 2040, trouxen estas entradas ó 2014 para cambiar o meu presente, impedir que Manolo me deixe para setembro e entrar así na carreira que tiña pensado ós 18 anos, evitando así a vida que levo. Que como se vive no 2040? É bastante parecido ó 2014, non hai coches voadores nen aliens, pero houbo algúns cambios:
Hoxe, 21 de Xuño de 2040 levanteime temprano para traballar.
Nos traballos houbo bastantes cambios agora que lembro, os empregos públicos desaparecerán a iso de 2029, e entrar no sector privado é realmente difícil, xa que, unha vez rematadas as prácticas, os empresarios bótante para non ter que pagarte. O truco para ser un dos de arriba é... ser un dos de arriba.
Eu traballo como timador, ladrón ou ás veces ambos, non é o mellor traballo pero dame de comer.
As miñas víctimas preferidas son, con diferenza, os turistas, o cambio climático tivo consecuencias terribles, pero subiu as temperaturas de Galiza, subindo así o seu número de turistas.
Unha vez consigo o que quero o gardo na miña caravana, as propiedades materiais convén escondelas un tempo antes de vendelas. Se me meten na cárcere encontrareime con metade da miña xeración, encarcelados por twittear.
Os meus veciños e máis eu educamos ós nenos do parque de caravanas nos mesmos, non nos fiamos da educación destos tempos; A educación, como a mediciña, deixou de ser un servizo público, polo que se queres que os teus fillos vaian á escola, ésta terá que ser unha privada, escolas privadas das que a maioría pertencen a órdes relixiosas.
Aquí todos falamos galego, lonxe de desaparecer, o galego gañou moita forza nestes últimos anos, xa que tras sucesivos anos de goberno intransixente, os galegos comezamos a encontrar na nosa lingua un símbolo de rebeldía política.
E isos son todos os cambios que se me ocurren, supoño, no resto de entradas contareivos cómo se vive no 2040 con máis detalles.